Monday 06 de May de 2024

Conferencia histórica sobre Plácido Castro e a súa relación con Irlanda


Este mércores 25 de xaneiro, ás 20 horas, celebrarase na Fábrica a vixésimo cuarta Conferencia Anual Plácido Castro baixo a temática Irlanda en Plácido Castro. Será a cargo do historiador Xabier R. Madriñán, director da revista Encrucillada e ex catedrático de xeografía e historia no IES Rosalía de Castro, en Santiago. En 2022 recibiu o Premio da Crítica de Investigación pola súa obra “A figuración galega de Irlanda, 1840-1936” (Laiovento edicións).

Na charla identificarán os trazos que conforman o ideario de Plácido Castro neste aspecto e que o singularizan con respecto a outros galeguistas. Castro foi o único dos galeguistas do seu tempo que realmente chegou a pisar Irlanda.